Culturgal escolle o Portal das Palabras como candidato ao Premio do público

Na proximidade da décima edición de Culturgal, as diferentes asociacións gremiais que organizan o evento fixeron público o nome das tres entidades ou iniciativas entre as que sairá o “Premio do Público Culturgal” de 2017. O Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo e o Play-Doc de Tui son os outros candidatos.

A organización considera as tres iniciativas anovadoras, con proxección de futuro, transversais, relacionadas coa sociedade civil e que procuran fomentar a súa implicación.

A partir do mediodía de hoxe, luns 13 de novembro, e ata as 23:59 do 27 do mesmo mes, o público pode votar en liña por medio da app Easypromos vinculada a Facebook.

En anteriores edicións o “Premio do Público” foi para o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (2013), o Diario Cultural da Radio Galega (2014), o Festival de Cine Curtocircuíto (2015) e o Festival Agrogay da Ulloa (2016).

O Portal das Palabras e as entidades que o promoven –a Real Academia Galega e mais a Fundación Barrié– agradecemos a Culturgal a escolla da nosa iniciativa.

Palabras traballadas

Todos os termos que traballamos, fóra das Palabras do día, ordenados alfabeticamente.

Ver

Palabras do día

Unha palabra cada día dos 365 do ano, ordenadas alfabeticamente ou por data.

Ir