á
Audio 1
Audio 2

á Para todas as acepcións SINÓNIMO ala1 substantivo feminino1 Cada un dos membros do corpo das aves dos insectos e dalgúns outros animais que lles serven para voar. O morcego é un mamífero con ás.2 Cada unha das partes que sobresaen nos laterais do avión que presentan ao aire unha superficie plana e permiten manter o aparello en voo. Os mecánicos comprobaron o funcionamento das ás antes de partir.3 Cada unha das partes que se estenden aos lados do corpo principal dun edificio. A á dereita do hospital está dedicada a quirófanos.4 Cada unha das partes situadas nos extremos dunha formación militar ou similar. Unha á do exército dirixiuse cara ao norte. SINÓNIMO flanco5 Tendencia dentro dunha organización, partido etc. A á máis radical do partido. substantivo6 Deporte Xogador ou grupo de xogadores que se sitúan nos laterais do terreo de xogo. Xoga de á. FRASES E EXPRESIÓNS CON á Ter ás nos pés Ser moi rápido na carreira. Ese neno parece que ten ás nos pés.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!