árabe
Audio 1

árabe adxectivo1 De Arabia ou dos seus habitantes. As terras árabes son moi ricas en petróleo. SINÓNIMOS arábico, arábigo2 Relativo ou pertencente aos pobos que falan o árabe. Hoxe reúnense os principais dignitarios dos países árabes.3 Relativo ou pertencente aos pobos procedentes de Asia e do norte de África, que participaron na expansión da relixión musulmá durante a Idade Media. A invasión árabe da Península Ibérica. CONFRÓNTESE musulmán, sarraceno substantivo4 Persoa natural ou habitante de Arabia. Os árabes ricos posúen moitos petrodólares.5 Persoa pertencente a algún dos pobos que teñen como lingua o árabe. Moitos árabes están familiarizados co exipcio.6 Pertencente a algún dos pobos procedentes de Asia e do norte de África, que participaron na expansión da relixión musulmá durante a Idade Media. Os árabes establecéronse en Al-Ándalus. substantivo masculino7 Idioma orixinario de Arabia falado tamén por outros pobos musulmáns. O árabe é unha lingua semítica. SINÓNIMOS arábico, arábigo

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!