óso
Audio 1

óso [ɔ] substantivo masculino1 Cada un dos órganos duros e sólidos que constitúen o esqueleto do home e dos animais vertebrados. Os ósos soportan o peso do corpo.2 Porción dun destes órganos que se corta xunto coa carne para cociñar. Botoulles ás lentellas un óso de xamón.3 Materia constituínte destes órganos. Peites de óso. Os homes primitivos facían anzois de óso. substantivo masculino plural4 Restos mortais. Os ósos dos antepasados. FRASES E EXPRESIÓNS CON óso Calar ata os ósos Enchoupar completamente. Caeu unha treboada que os calou ata os ósos. Calarse ata os ósos Enchouparse completamente. Como se poña a chover ímonos calar ata os ósos. Contárselle os ósos (a alguén) Estar moi fraco. Desde que enfermou cóntanselle os ósos. Miolo dos ósos VÉXASE miolo Óso da soá VÉXASE soá Óso de cana Óso da perna dun becerro ou vaca. Coceu un óso de cana para facer sopa. Óso do peitoEsterno Bateulle o balón no óso do peito. Óso maimiño popularCartilaxe Estaba operado do óso maimiño do nariz. Óso malar Óso par e aplanado situado na parte superior e lateral da cara. O músculo cigomático menor insírese na parte inferior da cara externa do óso malar. SINÓNIMOS cigoma, pómulo Óso molar popularCartilaxe Óso molar da peituga do polo. Ser de carne e óso Estar suxeito a paixóns e debilidades coma calquera humano. É unha persoa de carne e óso coma calquera de nós. Ser óso duro de roer Cousa difícil traballosa ou molesta e aplicado a persoas a que é pouco accesible de carácter esixente e que inspira temor. Máis vale que te prepares, que ese profesor é un óso duro de roer. Ser un saco de ósos Estar moi fraco. A ver se comes un pouco, que estás feito un saco de ósos.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!