último, última
Audio 1
Audio 2

último (feminino: última) adxectivo1 Que vén despois doutros nunha serie ou sucesión e que non é seguido de ningún máis. O último día do ano. SINÓNIMO derradeiro ANTÓNIMO primeiro Tamén substantivo Foi o último en chegar. ANTÓNIMO primeiro2 Que é o máis recente, o máis próximo ao presente. Non recordo quen foi o último Premio Nobel de Literatura. ANTÓNIMO primeiro3Definitivo El ten a última palabra.4 Que é o máis afastado e escondido. Vive no último curruncho da aldea. FRASES E EXPRESIÓNS CON último Á última Segundo as tendencias máis innovadoras. Viste á última. A últimos de mes (semana, ano) Nos últimos días do mes (da semana, do ano). A últimos de mes xa non ten un peso. Estar nas últimas 1 Estar moribundo. O enfermo está nas últimas. 2 Estar a punto de acabarse, na ruína ou en moi malas condicións. O viño do bocoi xa está nas últimas. Ser o último 1 Ser o que se considera o peor de todo. Non ter que comer é o último. 2 Ser o máis moderno ou o que está máis de moda dentro do seu xénero. Merquei unha cámara fotográfica que é o último.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


    Cal é a palabra?:

    Escolle unha opción:



    Política de Privacidade

    En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

    Demostra que es humano!

    [recaptcha]