estado
Audio 1

estado substantivo masculino1 Situación ou condición en que se atopa unha persoa ou cousa, naqueles aspectos que son susceptibles de cambiar. Un bo estado de saúde. Estado de ánimo. Mercou un coche de segunda man en bo estado. A súa roupa quedou nun estado lamentable. O xeo é auga en estado sólido.2 Condición social ou profesional dunha persoa dentro da sociedade. Cambiar de estado civil. Na Idade Media a sociedade dividíase en tres estados: o clero, os nobres e o pobo.3 Ente xurídico que personifica a nación dentro e fóra do territorio soberano onde está asentada de forma estable e onde exerce a administración. O Estado español e o portugués.4 Aparato constituído polo conxunto de organismos de varias nacións federadas ou unidas baixo un mesmo goberno. Rede de estradas do Estado. O Estado cobre os gastos da seguridade social. Funcionario do Estado. Nacións sen estado. Estado totalitario.5 Dereito Cada unha das divisións territoriais máis ou menos autónomas que constitúen unha federación. O Brasil está constituído por vinte e tres estados. FRASES E EXPRESIÓNS CON estado Cidade estado VÉXASE cidade En estado En período de xestación. Xa se lle nota que está en estado. Estado civil Condición de cada persoa en relación cos dereitos e obrigas civís ou con respecto aos seus vínculos familiares. O seu estado civil é solteiro. Estado de alarma Dereito Situación declarada polo Goberno, motivada por catástrofes ou crises e que fai imposible manter a normalidade mediante os poderes ordinarios. O estado de alarma é acordado polo Goberno mediante decreto. Golpe de Estado VÉXASE golpe1 Terrorismo de Estado VÉXASE terrorismo Xefe de Estado Máximo dignitario do Estado. O rei é o xefe de Estado.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!