seguro, segura
Audio 1
Audio 2

seguro (feminino: segura) adxectivo1 Sen temor ao perigo, protexido da súa influencia. Alí puideron durmir seguros. SINÓNIMO salvo2 Que non comporta riscos ou perigos. Unha empresa segura. ANTÓNIMO azaroso Fondearon nunha ría segura. Electrodomésticos seguros. Pisar terreo seguro. ANTÓNIMOS inseguro, perigoso3 Que merece toda a confianza, que non falla. Un amigo seguro. Estudar é o camiño máis seguro para aprobar. SINÓNIMOS fiábel, fiable4 Que se dará irrevogablemente. Cómpreos e terá premio seguro. Se caes aí é morte segura. SINÓNIMOS certo, fixo5 Que moi dificilmente pode ser forzado ou manipulado. Porta segura. Pechadura segura. SINÓNIMO sólido6 Que ten moi poucas posibilidades de caer ou de moverse, por ter boa suxeición. O cravo estaba ben seguro. SINÓNIMOS firme, fito, fixo ANTÓNIMO inseguro7 Cheo de confianza. Seguiu camiñando seguro, coma se non fose con el.8 Que ten a certeza ou convicción absoluta de certa cousa. Estás segura de que é el? SINÓNIMOS certo, fixo ANTÓNIMOS dubidoso, inseguro Estou seguro de que xa ha de haber amorodos.9 [Cousa] que non presenta dúbidas. É cousa segura. SINÓNIMOS certo, fixo As moreíñas de po son sinal seguro de couza. SINÓNIMO inequívoco10 Que con certeza permanecerá ou se conservará. Un traballo seguro. SINÓNIMOS estábel, estable, fixo ANTÓNIMO precario substantivo masculino11 Contrato polo que unha persoa ou sociedade se compromete a indemnizar a outra dun dano ou prexuízo que poida sufrir por medio do pagamento dunha cantidade de diñeiro, e tamén o mesmo pagamento. Seguro de vida, de enfermidade.12 Dispositivo que impide que unha arma, unha máquina ou unha pechadura funcione, por razóns de seguridade. Levaba a pistola con seguro. adverbio13 Con seguridade. Estes operarios traballan rápido e seguro. Sei seguro que era el. FRASES E EXPRESIÓNS CON seguro O máis seguro O máis probable. O máis seguro é que chegue sábado. Seguro de si Con total confianza en si mesmo. Falou moi seguro de si.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!