touro
Audio 1

touro substantivo masculino1 (Bos taurus) Mamífero macho ruminante, da familia dos bóvidos, de corpo grande e forte, cabeza grosa con dous cornos, pel dura, pelo curto e rabo longo, que pode ser salvaxe ou doméstico. Este becerro, cando medre, vai ser un bo touro. CONFRÓNTESE boi2 figurado Home forte e robusto. Estás feito un touro, rapaz!3 Astronomía Constelación do zodíaco situada no hemisferio celeste boreal, entre Carneiro e Xemelgos. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción escríbese con maiúscula Na constelación de Touro atópanse as Pléiades. Forma menos recomendable: tauro4 Signo zodiacal das persoas nacidas entre o vinte e un de abril e o vinte de maio. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción escríbese con maiúscula Se naceu o primeiro de maio, pertence a Touro. Forma menos recomendable: tauro substantivo5 Persoa que naceu baixo este signo. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción é invariable en plural O elemento dos touro é a terra. Forma menos recomendable: tauro substantivo masculino plural6 Espectáculo que consiste en lidar varios touros bravos na praza. Son afeccionados aos touros. SINÓNIMOS corrida, corrida de touros FRASES E EXPRESIÓNS CON touro Corrida de touros VÉXASE corrida Touro de lida Touro destinado á lida. Cría touros de lida.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!