abertura
Audio 1

abertura substantivo feminino1 Acción e efecto de abrir ou abrirse. Segundo consta nas normas urbanísticas do concello, a abertura de ocos na fachada sur non é legal. SINÓNIMO apertura22 Separación entre dúas cousas próximas ou entre dúas partes dunha cousa, ou espazo baleiro nunha superficie, que permite o paso a través dela. Os ladróns entraron por unha abertura que fixeron na parede. CONFRÓNTESE burato, fenda, greta, regaña O axóuxere ten unha abertura. SINÓNIMO fenda A lagoa está comunicada co mar por unha pequena abertura. Estreitamento da abertura anal. Téñenlle que axustar un pouco o vestido na abertura do colo e nas mangas. A cabeza é pequena e contrasta coa ampla abertura do peteiro.3 Fonética Grao de separación dos órganos articulatorios durante a emisión dun son. Segundo a abertura podemos clasificar as vogais en abertas e pechadas.4 Fonética Calidade que adquire un son segundo a amplitude que deixan ao paso do aire os órganos articulatorios cando é emitido. A abertura dunha vogal.5 Música Peza de música instrumental que serve de introdución a unha ópera ou a outra composición lírica. A abertura de ‘Fausto’ composta por Wagner.6 Matemáticas Separación dos dous lados dun ángulo. A abertura exprésase en graos ou en radiáns.7 Óptica Diámetro do orificio por onde penetra a luz nun instrumento óptico. O diafragma da lente ten unha abertura máxima de 1.8/50.8 Astronomía Diámetro máximo utilizable do obxectivo ou do espello dun telescopio. Canto maior é a abertura máis perceptibles son as aberracións.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!