acabar
Conxugar
Audio 1

acabar /verbos/acabar.html verbo transitivo1 Pór fin a [algo que se estaba realizando], levar a cabo. Aínda non acabou o seu traballo. SINÓNIMOS choer, concluír, finalizar, rematar, terminar ANTÓNIMOS comezar, empezar, iniciar, principiar2 Chegar á última parte de [certa cousa], non deixar quedar nada dela. Acabei todos os cartos. SINÓNIMOS esgotar, terminar verbo intransitivo3 Chegar a unha determinada circunstancia. Aquel home acabou moi mal. Acabaron casando.4(acabar en ou con) [Cousa] ter como parte final ou extremo a forma ou aquilo que se expresa. A rúa acaba en pendente. SINÓNIMOS rematar, terminar5 Chegar á fin, ter fin. A festa acabou ás dúas da mañá. SINÓNIMOS concluír, finalizar, rematar, terminar ANTÓNIMOS comezar, empezar, iniciarse, principiar6 Rematar nun lugar. O Arnoia acaba no Miño. O camiño acaba nunha xesteira.7(acabar con) Poñer fin exterminando ou destruíndo. Acabou con aquela situación inxusta. A contaminación acabou cos peixes do río. Tanto traballo vai acabar contigo. verbo pronominal8 Chegar á fin, ter fin. Isto vaise acabar. SINÓNIMOS concluírse, finalizar, rematar, terminarse ANTÓNIMOS comezar, empezar, iniciarse, principiar9 Consumirse por completo, non quedar nada. Acabáronselle os cartos. SINÓNIMOS esgotarse, terminarse FRASES E EXPRESIÓNS CON acabar Acabar de + inf 1 Perífrase que indica que a acción ou proceso que expresa o infinitivo ocorreu hai moi pouco tempo. Acaba de chegar hai uns minutos. 2 Perífrase que indica que a acción ou proceso que expresa o infinitivo se completou. Cando acabes de recoller todo podes marchar. SINÓNIMOS rematar de + inf, terminar de + inf, ANTÓNIMOS comezar a + inf, empezar a + inf, poñerse a + inf

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


    Cal é a palabra?:

    Escolle unha opción:



    Política de Privacidade

    En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

    Demostra que es humano!

    [recaptcha]