acender
Conxugar
Audio 1

acender /verbos/acender.html verbo transitivo1 Facer que [unha cousa] empece a arder. Tiñamos frío e acendemos unha fogueira. Acender un cigarro. SINÓNIMO prender ANTÓNIMO apagar2 Facer que comece a despedir luz [un sistema eléctrico de iluminación]. Acende a lámpada. SINÓNIMO prender ANTÓNIMO apagar3 Facer que empece a arder o combustible que alimenta [un forno, cociña etc.]. Acendeu a cociña cunha pouca frouma. ANTÓNIMO apagar4 Pór en funcionamento. Acendeu o televisor. Non deu acendido o coche. ANTÓNIMO apagar5 figurado Facer máis violento, máis forte. A sentenza en contra acendeulles os ánimos. SINÓNIMOS acalorar, caldear, inflamar, quentar CONFRÓNTESE exaltar, excitar6 figurado Facer máis vivo [un sentimento]. O que oíu acendeulle o xenio. verbo intransitivo7 [Cousa] empezar a arder. Por máis que o intento, o lume non acende. SINÓNIMO prender ANTÓNIMO apagar8 [Luz, aparato eléctrico] empezar a funcionar. A lámpada non acendeu. SINÓNIMO prender ANTÓNIMO apagar Cando está o motor moi frío, o coche tarda máis en acender. ANTÓNIMO apagar verbo pronominal9 [Cousa] empezar a arder. Ao acenderse a chama olímpica, o público aplaudiu con entusiasmo. SINÓNIMO prender, ANTÓNIMO apagarse10 [Luz, aparato eléctrico] pórse a funcionar. Esta lámpada acéndese automaticamente. O sistema de alarma acéndese só. ANTÓNIMO apagarse11Ruborizarse Acendeuse coma as brasas. Acendéuselle a cara.12 figurado Facerse máis violento, máis forte. Despois da súa intervención acendeuse o debate. SINÓNIMOS acalorarse, caldearse, inflamarse, quentarse, CONFRÓNTESE exaltarse, excitarse13 figurado [Sentimento] facerse máis vivo. Acenderse a paixón.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!