acento
Audio 1
Audio 2

acento substantivo masculino1 Lingüística Maior intensidade de voz con que se pronuncia unha sílaba dunha palabra. As palabras agudas levan o acento na última sílaba. SINÓNIMO acento de intensidade2 Signo de ortografía que pode ter diferentes formas e se coloca enriba dalgunhas vogais marcando o acento de intensidade e algunhas veces o timbre aberto ou pechado, segundo unhas determinadas regras. Todas as palabras esdrúxulas se escriben con acento. SINÓNIMOS acento gráfico, acento ortográfico3 Conxunto de características peculiares da pronunciación propia dos habitantes dun determinado país ou lugar. Non sei de onde é, pero ten acento de Lugo. FRASES E EXPRESIÓNS CON acento Acento agudo Signo ortográfico en forma de liña inclinada cara a adiante (´), que se escribe sobre as vogais para indicar o carácter tónico, timbre aberto etc. En galego só se utiliza o acento agudo. Acento circunflexo 1 Signo de acentuación grego en forma de til (~). O omega dos xenitivos de plural en grego clásico levaba acento circunflexo. 2 Signo ortográfico en forma de ángulo co vértice cara a arriba (^), propio dalgunhas linguas, co que se indican certos timbres vocálicos, elementos etimolóxicos elididos etc. En portugués ‘ausência’ leva acento circunflexo. Acento de intensidade Maior intensidade de voz con que se pronuncia unha sílaba dunha palabra. As palabras graves levan o acento de intensidade na penúltima sílaba. SINÓNIMO acento Acento diacrítico Signo ortográfico que se emprega para distinguir dúas palabras homógrafas, pero que se diferencian polo timbre, aberto ou pechado, ou porque unha palabra é tónica e outra átona. ‘Óso’ leva acento diacrítico para distinguilo de ‘oso’. Acento gráfico Signo de ortografía que pode ter diferentes formas e se coloca enriba dalgunhas vogais marcando o acento de intensidade e algunhas veces o timbre aberto ou pechado, segundo unhas determinadas regras. A palabra ‘postumamente’ non leva acento gráfico en galego. SINÓNIMOS acento, acento ortográfico Acento grave Signo ortográfico en forma de liña inclinada cara a atrás (`), co que se indican a miúdo as vogais de timbre aberto nas linguas que fan esta distinción. O francés utiliza o acento grave. Acento ortográfico Signo de ortografía que pode ter diferentes formas e se coloca enriba dalgunhas vogais marcando o acento de intensidade e algunhas veces o timbre aberto ou pechado, segundo unhas determinadas regras. ‘Canción’ leva acento ortográfico na última sílaba. SINÓNIMOS acento, acento gráfico

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!