adiantar
Conxugar
Audio 1

adiantar /verbos/adiantar.html verbo transitivo1 Mover ou levar para diante. O exército adiantou as súas posicións. ANTÓNIMO atrasar CONFRÓNTESE avanzar2 Gañarlle a dianteira a [algo ou alguén], pasar diante por ir a máis velocidade. Adiantounos un camión. Tamén absoluto Ten coidado ao adiantar.3 Facer ou decidir que se faga ou teña lugar [algo] antes do que estaba previsto ou do que corresponde. Adiantaron a reunión. SINÓNIMO anticipar ANTÓNIMOS aprazar, atrasar, delongar, pospoñer, pospor, postergar, retardar4 Darlle pulo a, aumentar o ritmo ou a actividade de [algo]. Houbo que adiantar moito as obras para rematalas no prazo previsto. SINÓNIMOS acelerar, alixeirar, apurar ANTÓNIMO atrasar5 Facer xirar as agullas de [o reloxo] para que indiquen unha hora máis avanzada. Esta noite temos que adiantar os reloxos porque se modifica a hora oficial. ANTÓNIMO atrasar6 Darlle a alguén [diñeiro] por un traballo antes do prazo acordado ou por un trato antes da entrega da cantidade total acordada. Adiantáronlle unha parte do soldo porque tiña problemas económicos. SINÓNIMO anticipar Adiantaron como sinal o 10% do prezo do piso.7 Dar breve noticia de [unha cousa] antes de que teña lugar. Non vos vou adiantar nada do argumento. SINÓNIMO anticipar8 Obter [algunha vantaxe]. OBSERVACIÓNS: Úsase xeralmente seguido da preposición con Que adiantas con contarllo agora? Non adiantei nada. verbo intransitivo9 [Reloxo] marchar máis rápido do debido e sinalar un tempo que aínda non chegou. O reloxo da torre adianta. ANTÓNIMO atrasar10 Facer progresos. As ciencias adiantaron moito neste século. SINÓNIMOS avantar, avanzar, progresar verbo pronominal11 [Alguén] chegar antes de que o faga [outro] ou de que aconteza [algunha cousa]. Adianteime á súa reacción. SINÓNIMO anticiparse12 [Alguén] facer algo antes de que o faga [outro] ou de que aconteza [algunha cousa]. Que non che pareza mal, pero adianteime a contarllo eu. SINÓNIMO anticiparse13 [Algo] suceder, chegar antes do tempo que lle corresponde. Adiantouse a primavera. SINÓNIMO anticiparse14 [Persoa] ir para diante de ou pórse diante. Adiantáronse ao resto do grupo para explorar o camiño.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!