afrontar
Conxugar
Audio 1

afrontar /verbos/afrontar.html verbo transitivo1 Facerlle fronte a [unha situación arriscada, difícil] para asumila ou buscarlle solución. Todos estiveron de acordo en afrontar os perigos da expedición. Deixa de fuxir dos teus problemas, afróntaos. SINÓNIMOS arrostrar, encarar ANTÓNIMO evitar2 Facerlle fronte a [alguén], dirixirse a el con resolución e ánimo hostil. Afrontar o inimigo.3 Causarlle algo ou alguén afronta a [unha persoa]. Afrontouno coa súa actitude desafiante. As discriminacións que sufría afrontábano profundamente. SINÓNIMOS agraviar, aldraxar, ofender4 Facerlle reproches a [alguén]. Por unha que lle fixen xa me afrontou. verbo intransitivo5 Ter dificultade para respirar a causa da calor, a falta de aire etc. Ide ao xeito, que meu pai afronta se vai tan á présa. SINÓNIMOS abafar, acorar, afogar, asfixiar, atafegarse, sufocarse CONFRÓNTESE abarquiñar, alasar, ampear, arfar, arquexar, azazar, bafexar, calmear, folguexar, inar verbo pronominal6 Sentir dificultade para respirar a causa da calor, a falta de aire etc. O can vai vello, afróntase enseguida. SINÓNIMOS abafar, acorar, afogar, asfixiar, atafegarse, sufocarse CONFRÓNTESE abarquiñar, alasar, ampear, arfar, arquexar, azazar, bafexar, calmear, folguexar, inar7 Mostrarse ofendido. Afrontouse sen causa.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!