agulla
Audio 1

agulla substantivo feminino1 Barra fina de metal ou doutro material, acabada en punta por un extremo e cun orificio por onde se pasa un fío, cordel etc., para coser e bordar. Espetei a agulla nun dedo cando estaba cosendo.2 Barra metálica longa acabada en punta nun dos extremos e cunha cabeza no outro, utilizada para calcetar. Para esa la precisas unhas agullas máis grosas.3 Tubo metálico de pequeno diámetro, cortado oblicuamente por un extremo que, unido a unha xiringa polo outro extremo, se usa para inxectar substancias no organismo ou para extraelas. Esterilizar unha agulla.4 Barra metálica ou doutro material, máis ou menos longa e estreita que, nun reloxo ou noutros instrumentos de precisión, marca as horas, segundos, graos etc. As agullas do reloxo marcaban as cinco en punto da tarde.5 Peza semellante a unha agulla que, no tocadiscos, se desliza sobre o disco para reproducir a gravación. Cambiarlle a agulla a un tocadiscos.6 Cada unha das pedras verticais que, postas aos lados dunha porta ou ventá, sosteñen o lintel. Labraron as agullas antes de colocalas. SINÓNIMOS macheta, pé dereito, tranqueiro, ucheira, xamba7 Folla do piñeiro. Usan a agulla seca para acender o lume. SINÓNIMOS arume1, bruma2, cisco, frouma, garfa, lesta, padumeiro, pica1, pilro, piñuca, pulazo, rama18 Peza que vai no extremo inferior da vara do rodicio e que vira sobre a pía. A agulla vira sobre a ra. SINÓNIMOS grilo, ovo9 Parte da res vacúa que está entre o lombo e o pescozo. Un touro de agulla moi alta.10 por extensión A carne desta parte. Vai á carnizaría e merca un quilo de agulla.11 Sabor algo amargo e fresco dun viño novo. Este viño ten moita agulla.12 (Belone belone) Peixe mariño da superorde dos teleósteos, de ata noventa centímetros de lonxitude, corpo alongado e algo comprimido, mandíbulas afiadas e provistas de dentes aguzados, cor azul verdosa no lombo e prateada no ventre e espiñas e escamas verdes. Tiña unhas latas de agullas en conserva.13 Raíl movible das vías de ferrocarril que permite facer os cambios de vía e de dirección dos trens. O seu traballo consistía en controlar os cambios de agullas.14 Arquitectura Remate alto ou aguzado dun edificio, dunha torre etc. As agullas da catedral. SINÓNIMO frecha1 FRASES E EXPRESIÓNS CON agulla Agulla brava Peixe da familia dos singnátidos de pequeno tamaño, corpo alargado e estreito e cabeza rematada nun fociño en forma de tubo, que a diferenza dos cabalos de mar non ten o corpo curvado, e do que existen varias especies. Tanto no cabalo de mar coma na agulla brava, os ovos lévaos o macho nunha bolsa. SINÓNIMO cobra do mar Agulla de atar Instrumento de madeira, óso ou material sintético utilizado para o arranxo das redes. As mulleres dos mariñeiros amañaban as redes coas agullas de atar. Agulla de gancho VÉXASE gancho Agulla de marearCompás Hoxe en día hai moita variedade de agullas de marear. Agulla dos minutos Agulla do reloxo que sinala os minutos. A agulla dos minutos tiña forma de frecha. Saber a agulla de marear Coñecer a maneira de actuar para obter un bo resultado. Xa lle sabe a agulla de marear a isto de cociñar para tanta xente.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!