allo
Audio 1

allo substantivo masculino1 (Allium sativum) Planta da familia das liliáceas, de trinta a corenta centímetros de altura, que ten unhas follas moi estreitas e un bulbo arredondado, de cor branca, dividido en dentes de cheiro moi forte. Temos unha horta na que só cultivamos allos.2 Bulbo desa planta. Unha restra de allos. SINÓNIMO cabeza de allo3 Cada unha das partes ou dentes en que está dividido o bulbo. Para esa salsa abonda un allo. SINÓNIMOS dente, dente de allo FRASES E EXPRESIÓNS CON allo Allo bravo Variedade silvestre do allo, do que existen distintas especies. Na camposa había allos bravos. Allo porro VÉXASE porro Cabeza de allo Bulbo desa planta. En cada bolsa veñen cinco cabezas de allo. SINÓNIMO allo Confundir allos con cebolas Mesturar cousas distintas. Imos tratar cousa por cousa, que non quero que confundamos allos con cebolas. SINÓNIMO mesturar allos con bugallos Dente de allo VÉXASE dente Estar no allo Estar ao corrente de algo. Comezou a comentarme o asunto pensando que eu estaba no allo. Mesturar allos con bugallos Confundir allos con cebolas. Para, que andas a mesturar allos con bugallos. Ser coma un allo Ser moi listo. É coma un allo, entendeu todo á primeira. SINÓNIMO ser coma unha chispa

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!