alto, alta
Audio 1
Audio 2
Audio 3

alto1 (feminino: alta) adxectivo1 Que está a moita distancia, en dirección vertical, do chan ou doutra superficie. Non podo coller as uvas, están moi altas. ANTÓNIMO baixo2 [Cousa] que ten grande a dimensión vertical. O edificio máis alto da cidade. SINÓNIMO elevado ANTÓNIMO baixo3 [Persoa] de estatura superior á media. Está alto para a súa idade. ANTÓNIMO baixo4 Moi elevado sobre o nivel do mar. Quere escalar o monte máis alto. ANTÓNIMO baixo5 Que está a un nivel bastante superior ao da media ou ao que é normal e ordinario. Os prezos destes produtos son moi altos. Houbo un alto número de participantes. SINÓNIMO elevado ANTÓNIMO baixo6 Dirixido cara ao ceo. A súa mirada sempre alta. ANTÓNIMO baixo7 [Son, voz etc.] de moita intensidade. Fala en voz alta.8 [Son, nota] con moitas vibracións por segundo. Este piano non dá as notas altas. SINÓNIMO agudo ANTÓNIMOS baixo, grave9 De moita importancia ou categoría. Ocupa un alto cargo na Administración. ANTÓNIMO baixo10 Superior nunha xerarquía establecida. OBSERVACIÓNS: Colócase diante do substantivo ao que acompaña O alto tribunal emitiu sentenza.11 Parte dun río próxima ao seu nacemento. OBSERVACIÓNS: Colócase xeralmente diante do substantivo ao que acompaña O alto Miño. ANTÓNIMO baixo12 Xeografía Parte norte dunha rexión. A Cabreira alta.13 [Parte dunha época histórica, dun período etc.] próximo ao nacemento, principio ou orixe. OBSERVACIÓNS: Colócase xeralmente diante do substantivo A Alta Idade Media. ANTÓNIMO baixo14 [Mar] que está distante da costa. Morrer no alto mar. Tamén substantivo masculino Os barcos do alto.15 [Hora] central ou avanzada dun período temporal. OBSERVACIÓNS: Colócase diante do substantivo ao que acompaña Chegaron a altas horas da madrugada.16 [Estación, temporada] en que hai máis afluencia de xente. En temporada alta non me gusta ir de viaxe. ANTÓNIMO baixo17 [Cousa] de gran transcendencia ou importancia. OBSERVACIÓNS: Colócase diante do substantivo ao que acompaña Dedícase á alta política.18 [Festa movible] que coincide tarde. Este ano o Entroido caeu alto. ANTÓNIMO baixo19 [Cousa] dun grao ou nivel elevado. OBSERVACIÓNS: Colócase diante do substantivo ao que acompaña Utilizou un equipo de alta precisión. Construíron unha vía de alta capacidade.20 [Ciencia, arte] con elevada especialización. OBSERVACIÓNS: Colócase diante do substantivo ao que acompaña Dedícase á alta cociña. Alta costura. substantivo masculino21 Dimensión vertical dun corpo. Mido un metro setenta e cinco centímetros de alto. SINÓNIMO altura22 Lugar elevado sobre a superficie da terra. Sube a ese alto a ver se albiscas algo. SINÓNIMO altura23 Parte máis alta [dunha cousa]. Subimos ao alto da montaña. Os altos e os baixos do edificio. adverbio24 A moita distancia do chan ou doutra superficie. O globo subiu moi alto. ANTÓNIMO baixo25 Con voz forte. Fala máis alto. ANTÓNIMO baixo FRASES E EXPRESIÓNS CON alto Alta fidelidade VÉXASE fidelidade Alta traizón VÉXASE traizón Alto forno VÉXASE forno Altos e baixos Sucesión de momentos bos e malos. O seu matrimonio pasou por moitos altos e baixos. SINÓNIMO altibaixos Pasar por alto (algo) VÉXASE pasar1

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!