alzar
Conxugar
Audio 1

alzar /verbos/alzar.html verbo transitivo1 Poñer máis alto, mover de abaixo para arriba. Alzou os brazos en sinal de vitoria. SINÓNIMOS elevar, erguer, levantar ANTÓNIMO baixar2 Levar a cabo [unha construción]. Mandou alzar alí un monumento, en recordo daquela vitoria. SINÓNIMOS construír, erixir, levantar CONFRÓNTESE edificar3 Aumentar o nivel ou a intensidade de [algo]. Fala sempre baixo, sen alzar nunca a voz. SINÓNIMOS elevar, levantar4 Dirixir cara ao alto. Falounos sen alzar a vista. SINÓNIMO levantar ANTÓNIMO baixar5 Conducir á rebelión. Alzou o pobo en armas contra a opresión. CONFRÓNTESE amotinar, insubordinar, insurxir, sublevar6 Catolicismo Levantar [o cáliz e a hostia] despois da consagración. O celebrante alzou o cáliz.7 Recoller ou retirar [o que estaba disposto ou preparado]. Alzaron o mantel.8 Dereito Deixar sen efecto [un dereito, unha prohibición etc.]. Alzáronlle o embargo.9 Non continuar con [unha acción]. Cómpre alzarmos a partida. verbo intransitivo10 Izar as velas dunha embarcación. Non imos alzar sen vento. verbo pronominal11 Poñerse máis alto, moverse de abaixo para arriba. A Lúa foise alzando sobre o horizonte. SINÓNIMOS elevarse, erguerse, levantarse, ANTÓNIMOS baixar, descender12 Entrar en loita contra unha determinada autoridade. Un grupo de rebeldes alzouse contra o Goberno. SINÓNIMOS insubordinarse, insurxirse, levantarse, rebelarse, sublevarse, CONFRÓNTESE amotinarse, pronunciarse13 Sobresaír por riba. As torres da catedral álzanse sobre os tellados da cidade vella. SINÓNIMOS elevarse, levantarse, sobresaír14 Deterse, pararse. Alzóuselle o cabalo á entrada da ponte.15(alzar con) Facerse con algo. O equipo alzouse coa vitoria. Alzouse cos bens. FRASES E EXPRESIÓNS CON alzar Alzar a man Bater ou ameazar con bater. Alzoulle a man ao pai. Alzar a voz Interpelar ou responder con descortesía ou ameaza. Non me alces a voz.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!