amencer
Conxugar
Audio 1

amencer /verbos/amencer.html Para todas as acepcións SINÓNIMO amañecer verbo intransitivo1 Abrir o día, aparecer a luz do Sol pola mañá. Espertou cando amencía. SINÓNIMOS aclarar, aclarear, alborecer, alborexar, clarear, clarexar, raiar1, raiar o día, raiar o Sol ANTÓNIMO escurecer OBSERVACIÓNS: Este verbo utilízase habitualmente como impersoal, aínda que tamén pode levar un suxeito de cousa Amenceu o día. Amence o Sol. As visións que amencían no seu espello cada mañá.2 [Persoa ou animal] estar en ou chegar a un determinado lugar ou situación ao abrir o día. Fala con el outro día, porque hoxe amenceu de moi mal humor. Amenceu esganado nunha fraga.3 [Persoa] espertar despois de durmir de noite. Calquera día non amenzo. Amencín cunha dor de moas. substantivo masculino4 Primeira luz do día, momento en que amence. Ergueuse moi cedo, antes do amencer. SINÓNIMOS abrente, abrente do día, alba, alba do día, albor, alborada, aurora, luzada, luzada do día, rompente, rompente do día5 Cambio dun estado negativo para outro positivo. O amencer da patria.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!