anel
Audio 1

anel substantivo masculino1 Aro pequeno que serve para soster algo. Os aneis dos que colgan as cortinas son de madeira. SINÓNIMO argola2 Aro de metal ou outra materia, liso ou con labores de adorno, que se leva nalgún dos dedos da man. Regaloulle un anel de ouro. SINÓNIMO sortella3 por extensión Obxecto con forma de circunferencia. Algúns cogomelos teñen un anel no pé.4 Zooloxía Cada un dos segmentos en que está dividido o corpo dos artrópodos e dalgúns vermes. Os aneis das eirugas.5 Botánica Cada un dos círculos concéntricos que forman o tronco dunha árbore. Polos aneis do tronco calcularon a idade da árbore.6 Astronomía Formación composta por materiais sólidos que orbitan arredor dun planeta. Os aneis de Saturno.7 Matemáticas Conxunto de elementos con dúas operacións ou regras de composición que cumpren certas propiedades. As operacións do anel son normalmente a adición e a multiplicación.8 Química Representación poligonal dunha cadea pechada de átomos nunha molécula. Anel aromático.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!