aparello
Audio 1

aparello substantivo masculino1 Obxecto mecánico ou non, constituído por varias pezas combinadas para executar un traballo ou realizar unha función. Un aparello de televisión. Mercou un aparello para abrir latas de conserva. SINÓNIMOS aparato, instrumento CONFRÓNTESE utensilio, útil2 Anatomía Conxunto de órganos que nos animais e plantas concorren para a realización dunha determinada función. Os aparellos respiratorio, circulatorio, dixestivo etc. SINÓNIMO aparato3 Dispositivo utilizado para capturar o peixe, formado por redes ou por palangres. Largaron o aparello.4 Conxunto formado pola arboradura, as enxarcias e as velas dunha embarcación. O veleiro perdeu parte do aparello polo temporal.5 Maneira en que se dispoñen as pedras e outros elementos dunha construción. O aparello dos muros é de cantaría.6 Conxunto de correas e outros elementos necesarios para cargar, montar ou apoñer unha cabalaría ou outro animal. Alí estaba a carga e o aparello. OBSERVACIÓNS: Utilízase frecuentemente en plural Púxolle os aparellos ao burro. SINÓNIMOS arreo2, gornición, guarnición substantivo masculino plural7 Conxunto de instrumentos e utensilios necesarios para realizar unha actividade. Os aparellos dun albanel. SINÓNIMO ferramenta Preparaba os aparellos para ir pescar.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!