apertar
Conxugar
Audio 1

apertar /verbos/apertar.html verbo transitivo1 Facer forza ou presión sobre [algo]. Apertar o botón do timbre. SINÓNIMOS oprimir, premer, pulsar ANTÓNIMO desapertar Apertar o gatillo.2 Cinguir [algo ou alguén] comprimíndoo. Apertouno con forza contra o peito. Apertoulle a man en sinal de saúdo. SINÓNIMOS chocar2, estreitar3 Facer máis cerrado [unha volta de corda, un nó etc.] tirando por cada un dos seus extremos. Aperta ben a corda para que non caia a mercadoría. Aperta o nó da gravata. ANTÓNIMOS afrouxar, desapertar4 Facer que [algo] ocupe menos espazo ao exercer certa presión. Aperta a roupa para que che caiba na maleta. SINÓNIMOS apachocar, premer5 Xirar ou facer mover [unha panca, mecanismo etc.] para aproximar ou fixar dúas pezas, para pechar un dispositivo etc. Apertar unha porca. Apertar unha billa.6 Manter firmemente cerrado. Apertar os dentes. Apertar as mans.7 Retardar ou dificultar a evacuación de [o intestino]. A tensión da viaxe apertoume o ventre. CONFRÓNTESE estrinxir8 figuradoEspremer Apertar unha esponxa.9 figurado Ser moi esixente con [alguén]. É un profesor que aperta moito os alumnos.10 Influír ou facer presión sobre [alguén] mediante ameazas, rogos etc., para que faga certa cousa. Apertárono para que aceptase o cargo. Estano apertando para que diga a verdade.11 Facer máis rápido, máis apresurado. Apertei a marcha para chegar ao autobús. verbo intransitivo12 figurado Resultar ou quedar axustado de máis ou escaso. O neno precisa outros zapatos porque lle apertan os do ano pasado.13Apresurarse Hai que apertar se queremos chegar a tempo.14 [Algo] producir molestia por ser moi intenso ou forte. A calor apertaba a aquela hora. Se che aperta a dor, toma un calmante. verbo pronominal15 Pórse moi xuntos. Apertáronse para caber todos no banco.16 Ter dificultades para evacuar o intestino. Apertouse do ventre e sentíase moi incómodo. CONFRÓNTESE estrinxir FRASES E EXPRESIÓNS CON apertar Apertarlle a alguén as caravillas VÉXASE caravilla Apertarse o corazón Sentir pena ou angustia. Apértaseme o corazón cando a vexo sufrir tanto. Saber onde lle aperta o zapato VÉXASE zapato

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!