aro
Audio 1

aro1 substantivo masculino1 Peza ou tira de metal, madeira ou outra materia, en forma de circunferencia. Os aros dun barril. Mercou unha peneira de aro pequeno. Debuxou a bandeira olímpica cos seus aros.2 por extensión Pendentes con forma de circunferencia. Levaban aros amarelos nas orellas.3 por extensión Xoguete con forma de circunferencia que os nenos fan rodar polo chan. Ía guiando o aro cun pau.4 Asa en forma de media circunferencia por onde se colgan ou collen algúns obxectos. O aro dun pote, dun caldeiro. Fixo o aro e aínda non ten o cesto.5 Peza metálica que forma a circunferencia externa dunha roda, arredor da cal vai o pneumático. Cambiou os aros por uns novos de aliaxe cun deseño moi deportivo. SINÓNIMO pina CONFRÓNTESE camba FRASES E EXPRESIÓNS CON aro Aro do lomboEspiñazo Ponte dereito! Estarrica o aro do lombo! Pasar polo aro Aceptar algo que non gusta ou que non se quere. Non estaba coas condicións que lle poñían, pero, se quixo levar adiante o proxecto, tivo que pasar polo aro.

aro
Audio 1

aro2 substantivo masculino Botánica (Arum italicum) Planta herbácea da familia das aráceas, de follas grandes cun pecíolo longo, raíz tuberculosa e unha espata cun espádice no interior. O aro medra nos bosques de ribeira e noutros lugares sombrizos e húmidos. SINÓNIMOS herba das anadas, herba do xerro, xario

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!