arredar
Conxugar
Audio 1

arredar /verbos/arredar.html verbo transitivo1 Facer ir cara a atrás. Agarrouno polos brazos e arredouno.2 Mover [algo ou a alguén] de xeito que haxa unha distancia suficiente, conveniente etc., entre ela e algo ou alguén co que está tocando ou ten cerca. Arreda un pouco a mesa da parede. Arreda iso de min. SINÓNIMOS afastar, apartar, desachegar, desarrimar, separar ANTÓNIMOS acaroar, acercar3 Poñer lonxe. Non podía arredar os ollos da escena.4 figurado Facer desistir. Só o irmán podía arredalo daquel tolo afán. O medo non o arredaba daquela aventura.5 figurado Manter lonxe ou pór a certa distancia [a alguén] dunha cousa ou persoa facendo que desapareza a relación, o trato, a confianza etc., que existía entre eles. As obrigas familiares arredárono da nosa asociación. SINÓNIMOS afastar, apartar verbo intransitivo6 Moverse, poñéndose a certa distancia, para que quede un espazo libre. Arreda de aí, que non me deixas pasar. SINÓNIMO apartar7 figurado Facer que desapareza o trato, confianza etc. na relación entre persoas. OBSERVACIÓNS: Adoita empregarse seguido da preposición de Desa xente hai que arredar. SINÓNIMO apartar verbo pronominal8 Poñerse a certa distancia para que quede un espazo libre. O garda pregoulles que se arredasen ao velos tan alporizados. SINÓNIMOS afastarse, apartarse, separarse9 figurado Facer que desapareza o trato, confianza etc. na relación entre persoas. OBSERVACIÓNS: Adoita empregarse seguido da preposición de Arrédate de min, non quero verte máis. SINÓNIMOS afastarse, apartarse10 Perder vínculos, facerse independente. OBSERVACIÓNS: Adoita empregarse seguido da preposición de Na Idade Media, Portugal arredouse de León.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!