artigo
Audio 1

artigo substantivo masculino1 Escrito sobre un tema determinado, publicado nun xornal ou revista. Hoxe vén no xornal un artigo sobre o problema da droga.2 Cousa que é obxecto de comercio. Unha tenda de artigos de regalo.3 Cada un dos parágrafos dun contrato, tratado, lei etc. O artigo segundo dos estatutos.4 Cada unha das divisións dun dicionario, encabezada por unha palabra e que contén información sobre ela. En cada artigo inclúese información gramatical.5 Gramática Clase de palabra que presenta o substantivo, indicando o seu xénero e número. (o mércores; unhas mulleres). tamén pode introducir outras clases de palabras pasando estas a funcionar como un substantivo. (gústame o novo; é un deber). FRASES E EXPRESIÓNS CON artigo Artigo de fe 1 Catolicismo Verdade ou afirmación absoluta que a Igrexa considera que foi revelada por Deus. Sobre os artigos de fe non se pode dubidar. 2 figurado Cousa que se considera verdade absoluta. As súas afirmacións sempre se admiten como artigos de fe. Artigo definido Gramática Artigo que introduce substantivos que designan persoas ou cousas coñecidas ou identificables polos interlocutores. O artigo definido contrae coa preposición por. SINÓNIMO artigo determinado Artigo de fondo Artigo no que se expón a opinión dun xornal sobre unha cuestión. É interesante o artigo de fondo que aparece hoxe sobre a crise do goberno. Artigo determinado Gramática Artigo definido. O posesivo utilízase habitualmente precedido do artigo determinado. Artigo indefinido Gramática Artigo que introduce substantivos que designan persoas ou cousas consideradas descoñecidas ou non identificables por algún dos que falan ou de carácter xenérico. As formas do artigo indefinido contraen coa preposición en. SINÓNIMO artigo indeterminado Artigo indeterminado Gramática Artigo indefinido. A primeira mención de algo nun discurso faise normalmente co artigo indeterminado.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!