atraer
Conxugar
Audio 1

atraer /verbos/atraer.html verbo transitivo1 Facer un corpo que [outros corpos] tiren cara a el. O imán atrae o ferro.2 figurado Facer que [unha persoa ou cousa] se achegue mediante un engado ou un engano. O canto das sereas atraía os navegantes. O doce atrae as moscas.3 Facer algo ou alguén que [as miradas, a atención etc.] se dirixan cara a el. Os problemas económicos atraen todo o noso interese. SINÓNIMO centrar CONFRÓNTESE polarizar4 Facer algo ou alguén que [unha persoa] sinta gusto ou desexo. As novas tendencias da arte non o atraen. SINÓNIMO chamar OBSERVACIÓNS: Aínda que chamar e atraer poidan ter un mesmo significado, non sempre se poden intercambiar Tamén absoluto A súa beleza atrae.5 Facer acudir. O xacobeo atrae moitos turistas. verbo intransitivo6 [Algo, alguén] provocar sentimentos de afecto, admiración ou desexo de participar dalgún xeito. Nunca lle atraeu o teatro tanto coma o cine. SINÓNIMOS chamar, chistar, gustar, tirar verbo pronominal7 [Átomos, partículas] aproximarse entre si. As moléculas atráense.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!