atravesar
Conxugar
Audio 1

atravesar /verbos/atravesar.html verbo transitivo1 Colocar de través, oblicuamente ou dun lado ao outro. Atravesou o armario no corredor. Atravesoulle o sofá na porta para que non entrase.2 Pasar dun lado ao outro ou dun extremo ao outro de [unha cousa ou un lugar]. Atravesar o río. Atravesaba un carreiro montañoso. SINÓNIMO cruzar3 Pasar ou facer que algo pase dun lado ao outro de [unha cousa ou persoa] polo interior dela. Atravesoulle o corazón co coitelo. A lanza atravesouno.4 figurado Vivir circunstancialmente [unha situación determinada]. Atravesa unha época de boa sorte. Está atravesando momentos difíciles. SINÓNIMO pasar1 verbo intransitivo5 Ir a través dun lugar, dun lado ao outro. Atravesou polo medio da pista. SINÓNIMO cruzar verbo pronominal6 Quedar colocado de través, oblicuamente ou dun lado ao outro dun sitio. O coche esvarou e atravesouse no medio da rúa. SINÓNIMO cruzarse7 [Algo] resultar difícil para alguén. O castelán atravesábaselles a todos os nenos. FRASES E EXPRESIÓNS CON atravesar Atravesar bocado VÉXASE bocado

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


    Cal é a palabra?:

    Escolle unha opción:



    Política de Privacidade

    En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

    Demostra que es humano!

    [recaptcha]