avogado, avogada
Audio 1
Audio 2

avogado (feminino: avogada) substantivo1 Persoa que ten como profesión aconsellar en asuntos xurídicos e intervir nos procesos xudiciais como defensor dunha das partes. A esas preguntas só contesto en presenza do meu avogado. SINÓNIMO letrado CONFRÓNTESE maxistrado2 figurado Persoa que defende unha causa ou que actúa en favor de alguén. Éche un avogado de causas perdidas.3 Santo que, segundo as crenzas relixiosas, protexe unha persoa, cousa ou colectividade. Santa Rita é avogada dos imposibles. SINÓNIMOS padroeiro, padrón, patrón FRASES E EXPRESIÓNS CON avogado Avogado das silveiras 1 Persoa que adoita actuar con mala fe para provocar disputas e preitos. Púxoos a mal o caseiro, un avogado das silveiras que acabou sendo dono de todo. 2 Persoa que presume de saber de leis sen ter os estudos correspondentes. Facía de avogado das silveiras e chegou a alcalde. Avogado de oficio Dereito Aquel que designa o xuíz cando a parte que necesita a intervención dun avogado carece de suficientes recursos económicos. Asignáronlle un avogado de oficio. Avogado do demo 1 Catolicismo Individuo que presenta obxeccións nos procesos de beatificación e canonización. A intervención do avogado do demo facía o proceso moi lento. SINÓNIMO promotor da fe 2 Persoa que presenta dúbidas ou obxeccións sobre un asunto. Deixa de facer de avogado do demo e de levarme a contraria. Avogado do Estado Persoa funcionaria pública, que ten como principal ocupación a defensa, o asesoramento e a representación legal do Estado. Presentouse ás oposicións para entrar a formar parte do colectivo de avogados do Estado.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!