baixar
Conxugar
Audio 1

baixar /verbos/baixar.html verbo transitivo1 Facer pasar a un lugar ou posición menos elevados. Baixouno con coidado para non mancalo. Báixame, por favor, que eu non podo. ANTÓNIMOS elevar, erguer, levantar, subir Foi ao faiado e baixoulle algunha roupa vella. Baixa os pantalóns. ANTÓNIMO subir2 Facer que [algo] vaia de máis a menos. Decidiron baixar os prezos un dous por cento. SINÓNIMO abaratar ANTÓNIMO subir Báixalle o volume á radio. ANTÓNIMO subir3 Percorrer [un camiño, un lugar, unha escaleira etc.] andando cara a baixo. Baixaron a costa ás alancadas. Baixaron as escaleiras de tres en tres.4 Inclinar ou dirixir cara a abaixo. Avergoñado, baixou a cabeza. ANTÓNIMOS alzar, levantar Baixou a vista. ANTÓNIMOS alzar, elevar5 Estender [unha parte pregada ou recollida] para alongar unha peza de roupa. Aínda lle baixou un bo anaco. Tamén absoluto Baixarlle a un pantalón. ANTÓNIMOS coller, meter, subir6 Informática coloquial Copiar nun dispositivo [un ficheiro, programa ou aplicación] a través dunha rede. Podes baixar a aplicación ao teléfono móbil. SINÓNIMO descargar ANTÓNIMOS cargar, colgar, subir verbo intransitivo7 Ir de arriba a abaixo ou desde certa altura a outra inferior. O avión comezou a baixar repentinamente. SINÓNIMO descender ANTÓNIMOS alzarse, ascender, subir A auga dos regatos baixa moi alodada. ANTÓNIMO subir8 [Camiño] ir en pendente. Cruceino no camiño que baixa da urbanización á estrada.9 Desprazarse cara á parte inferior dunha cousa á que se está subido ata pousar os pés no chan. Baixar dunha árbore. Baixa da escada, que está medio podre. SINÓNIMO descender ANTÓNIMO subir10 Saír do interior dun vehículo ou descender da parte en que se vai sentado nun animal. Baixamos na próxima estación. Baixa do coche. Baixou do cabalo. SINÓNIMO apearse ANTÓNIMOS montar, subir11 [Persoa, cousa] diminuír na súa cantidade, intensidade, nivel, peso, prezo, valor etc. Está empezando a baixar a marea. Pola santa Lucía baixa a noite e medra o día. A temperatura baixa á tardiña. SINÓNIMOS decrecer, descender, diminuír ANTÓNIMO subir A gasolina baixará un céntimo. SINÓNIMO abaratar ANTÓNIMO subir Se queres baixar, tes que comer menos. SINÓNIMOS adelgazar, enfraquecer ANTÓNIMO engordar12 Quedar situado nun nivel máis baixo do que estaba. O equipo baixará á terceira división. SINÓNIMO descender ANTÓNIMOS ascender, subir13 [Astro] chegar ao horizonte no seu ocaso. Imos para a leira cando baixe un pouco o Sol.14 [Día, noite] chegar ao remate. Segundo baixaba a noite fomos quedando en silencio.15 [Cousa] caer colgando. As babas baixábanlle ata o peito.16 Desprazarse cara a un lugar que está ao sur percorrendo certa distancia. As aves migratorias baixan ata África. verbo pronominal17 Inclinarse cara ao chan ou moverse de arriba a abaixo. Baixouse para coller a carteira. ANTÓNIMO erguer Baixáronselle os calcetíns.18 Perder a dignidade ou o orgullo ao facer ou dicir algo. Non se baixa a facer certos traballos. SINÓNIMOS abaixarse, rebaixarse FRASES E EXPRESIÓNS CON baixar Baixar a bandeira VÉXASE bandeira Baixar a cabeza VÉXASE cabeza Baixar as orellas VÉXASE orella Baixar da burra VÉXASE burro Baixar o lombo VÉXASE lombo Baixar os pantalóns VÉXASE pantalón

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!