baleirar
Conxugar
Audio 1

baleirar /verbos/baleirar.html Para todas as acepcións SINÓNIMO baldeirar, ANTÓNIMO encher verbo transitivo1 Deixar baleiro, sen contido, sen nada dentro [un recipiente, depósito etc.]. Baleirou o baúl. SINÓNIMOS desocupar, librar Baleirou a botella.2 Facer que deixe de haber algo en [un lugar]. A emigración baleirou Galicia de xente nova.3 Retirar, envorcando, collendo, bombeando etc., [o contido] do interior dun recipiente, depósito etc., deixándoo baldeiro. Baleirou as laranxas do cesto. SINÓNIMO librar4 Deixar caer encima de [un lugar]. Baleiraran un fato de demos enriba do país.5 Facer un oco en [un obxecto]. Baleiraban os troncos coa machada e a aixola. verbo pronominal6 [Recipiente, depósito etc.] quedar baleiro, sen contido. Esqueceu poñer a rolla e baleirouse o tanque. As súas palabras acabaron baleirándose de contido.7 [Contido dun recipiente] saír por completo. Baleirouse a auga do depósito.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!