balsa
Audio 1

balsa2 substantivo feminino1 Oco no terreo, natural ou construído, que se enche de auga. Polo inverno as balsas están cheas. CONFRÓNTESE poza2 Depósito para conter líquidos. Balsa para a salgadura. FRASES E EXPRESIÓNS CON balsa Balsa de aceite Lugar tranquilo, sen alborotos. A cidade era daquela unha balsa de aceite.

balsa
Audio 1

balsa1 substantivo feminino1 Plataforma de táboas ou de toradas de árbores amarradas, para ir sobre a auga. Cruzaron o río nunha balsa. SINÓNIMO almadía CONFRÓNTESE catamarán, xangada2 por extensión Embarcación de fondo plano. Balsa pneumática.3 Botánica Árbore da familia das bombacáceas da que existen varias especies, de madeira moi lixeira, pero resistente e elástica, propia de América do centro e do sur. Nun xardín botánico puidemos apreciar como é a balsa.4 Madeira desta árbore. A balsa utilízase en maquetas.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!