banda
Audio 1

banda3 substantivo feminino1 Cada unha das dúas partes de certas cousas, comprendida entre unha liña central imaxinaria e o bordo. A banda de estribor. O defensa corre pola banda.2 Territorio máis ou menos amplo situado á beira e nas proximidades dun río, ría, accidente xeográfico etc. Os da banda de alá xa non falan igual ca nós. Da outra banda do cordal xa é León.3 Lugar indeterminado próximo a unha zona que se expresa. El vén de aló, da banda de Sobrado. O lume anda aí pola banda das Travesas. SINÓNIMOS lado, parte, zona FRASES E EXPRESIÓNS CON banda A dúas (tres...) bandas Con dous (tres...) intervenientes. Conversas a tres bandas. De banda a banda De modo completo, na súa integridade. A friaxe percorríame o corpo de banda a banda. Falar en banda VÉXASE falar1 Pola miña (túa, súa...) banda No que a min (ti, el...) corresponde. Eu, pola miña banda, estou disposto a axudar no que poida. Por unha banda... por outra (banda) Desde unha perspectiva, desde outra perspectiva. Por unha banda, o asunto é triste, por outra ten algo de cómico. Xogar a dúas bandas Ter intereses en dous asuntos antagónicos. A nova parella reinante xogou, como sempre fixo, a dúas bandas.

banda
Audio 1

banda1 substantivo feminino1 Calquera fita ou tira de certo grosor, máis longa ca ancha e cos bordos paralelos, que destaca pola súa cor sobre o fondo en que está tecida, cosida, pintada etc. As bandas do arco da vella.2 Fita de tea que se leva cruzada sobre o peito, desde o ombreiro ata o costado oposto, como insignia dalgún cargo ou honra. Os xenerais utilizan unha banda vermella no seu traxe de gala. Os taxis levan unha banda nos laterais. A banda azul da bandeira galega. A etiqueta da botella ten unha banda diagonal.3 Peza da rede de determinadas artes de pesca. A banda do bou ten uns trece metros de longo.4 Heráldica Fita que vai desde a parte superior dereita do escudo ata a inferior esquerda. A banda ocupa a terceira parte do escudo. FRASES E EXPRESIÓNS CON banda Banda de frecuencias Conxunto formado polas frecuencias comprendidas entre dous límites determinados. Nalgunhas técnicas de modulación, pódese compartir a mesma banda de frecuencias con outros usuarios. Banda de rodamento Parte do pneumático que roza co chan. Melloraron o deseño da banda de rodamento. Banda deseñada Historia ilustrada con secuencias de cadros que teñen debuxos e textos. Obradoiro de banda deseñada. Banda larga Informática Rede ou circuíto de comunicación que ten unha alta capacidade de transmisión de datos. Contratar banda larga permitiume unha chea de prestacións antes impensables. Banda sonora Sección da fita dunha película de cine en que se rexistra o son, e o son mesmo da película. Ganou o premio a banda sonora da película española.

banda
Audio 1

banda2 substantivo feminino1 Grupo organizado de persoas que actúan con fins criminais ou subversivos. Unha banda de atracadores.2 Música Conxunto musical de instrumentos de vento e percusión. Os domingos pola mañá toca a banda. SINÓNIMO banda de música3 Calquera formación dedicada á música popular moderna. Canción de éxito da nosa banda. FRASES E EXPRESIÓNS CON banda Banda de música Conxunto musical de instrumentos de vento e percusión. A banda de música toca os xoves pola tarde na praza do Concello. SINÓNIMO banda2

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!