barra
Audio 1

barra1 substantivo feminino1 Peza longa e delgada de metal ou outro material ríxido, polo xeral en forma de cilindro ou de prisma. Ían armados con barras de aceiro. Co golpe rompeu a barra da bicicleta.2 Peza longa de metal que hai nos bares ao longo do mostrador. Apoiou os cóbados na barra.3 por extensión Taboleiro ou moble alongado e estreito que hai nos bares e cafetarías para servir o que piden os clientes. O camareiro deixou as cuncas na barra. SINÓNIMO mostrador4 Peza de pan de forma alongada. Gústame máis o molete ca a barra.5 Alimento sólido en forma de prisma. Unha barra de xeado. Unha barra de friame.6 Nube alongada que se ve ás veces despois de poñerse o Sol. Hoxe o ceo está cheo de barras.7 Banco ou baixo de area na desembocadura dun río, que fai perigosa a navegación. O barco encallou na barra do río. SINÓNIMO baixío8 Trazo delgado e oblicuo que, nunha liña de escritura, serve para separar números, versos nun poema etc. Separar con dúas barras cada acepción.9 Heráldica Faixa que atravesa diagonalmente o campo do escudo desde o ángulo superior esquerdo ao inferior dereito. As cinco barras dos Quiroga. FRASES E EXPRESIÓNS CON barra Barra americana Local público nocturno no que serven as bebidas mulleres vestidas de forma provocativa, que conversan cos clientes e a miúdo establecen relacións sexuais con eles. Á beira da estrada había unha barra americana. Barra de desprazamento Informática Control gráfico que permite moverse horizontal ou verticalmente polo contido dunha xanela dunha aplicación ou sistema informático. Se o documento non aparece completo na pantalla, aparecerán as barras de desprazamento. Barra de equilibrios Deporte Aparello de ximnasia formado por unha barra de madeira, sobre o que os ximnastas realizan exercicios de equilibrios, salto etc. A ximnasta caeu da barra de equilibrios. Barra de ferramentas Informática Zona da interface dunha aplicación informática que permite activar, por medio de iconas ou botóns de texto, as funcións máis habituais. É un programa moi versátil que permite personalizar a barra de ferramentas. Barra de labios Barra de material cosmético usada para pintar os labios. Gústame a cor da barra de labios que levas. SINÓNIMO lapis de labios Barra fixa Deporte Barra horizontal suxeita a un muro que serve para realizar exercicios ximnásticos e de baile. Antes de empezar a bailar fixo o quecemento na barra fixa. Barra libre Servizo no que os convidados a un acto social poden dispoñer de consumicións gratis por un prezo que o organizador pactou previamente. Os convidados da voda tiñan barra libre. Barras asimétricas VÉXASE asimétrico Barras paralelas VÉXASE paralelo Código de barras VÉXASE código

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!