barriga
Audio 1

barriga Para todas as acepcións SINÓNIMO ventre substantivo feminino1 Cavidade dos animais vertebrados que se sitúa entre o tórax e a pelve e contén todas as vísceras agás os pulmóns e o corazón. Dor de barriga. SINÓNIMO abdome2 Rexión do corpo que se corresponde con esta cavidade. Desde que non te vexo, medrouche a barriga. SINÓNIMOS abdome, bandullo, tripa3 Parte convexa e grosa de certas cousas. A barriga do palleiro. A barriga dunha vasilla. FRASES E EXPRESIÓNS CON barriga Barriga da perna Parte avultada da perna situada debaixo da sofraxe. Ten maniotas na barriga da perna. SINÓNIMOS papo da perna, polpa Rañar a barriga Estar sen facer nada. Non vou manter a quen se dedica a rañar a barriga. SINÓNIMO rascar a barriga Rascar a barriga Rañar a barriga. Aí está ao sol, rascando a barriga. Sacar a barriga de mal ano Comer abundantemente. Come fillo, saca a barriga de mal ano, que boa falta che fai.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!