bocal
Audio 1

bocal substantivo masculino1 Peza xeralmente de metal, semellante a un funil, onde se colocan os labios para producir o son en certos instrumentos de vento, como a gaita, a frauta etc. O bocal do saxo. SINÓNIMOS boquilla, embocadura2 Aparello feito de arame, corda, plástico ou outro material, que se lles pon aos animais no fociño para que non traben ou non se paren a comer. É obrigatorio que os cans leven bocal pola rúa. SINÓNIMOS bozo, buceira, buzo, cofiño, embozo, vetillo3 Parte do freo das cabalarías que, introducido na boca, serve para dirixilas ou detelas. Perdeu o bocal da besta. SINÓNIMOS bocado, embocadura4 Peza situada nunha abertura pequena, que permite a entrada ou saída dun fluído. Os bocais da gaita adoitan facerse de madeira de buxo. SINÓNIMO buxa Botaban o leite na vincha do porco, que tiña un bocal de madeira ou de corno. adxectivo5 Da boca. O voitirón leva unha corda na parte superior do arco bocal. CONFRÓNTESE bucal

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!