bolsa

bolsa1 Para todas as acepcións SINÓNIMO bulsa substantivo feminino1 Obxecto de tea, papel ou doutro material similar, que forma unha cavidade aberta unicamente por arriba, provisto ou non de asas para collelo, e que serve para gardar ou transportar todo tipo de obxectos. Bolsas para o lixo. Meteu todo nunha bolsa e marchou. Tiña a bolsa do pan colgada detrás da porta da cociña.2 Anatomía e Zooloxía Calquera espazo ou cavidade do corpo con forma de saco. A bolsa sinovial. As crías do canguro ao nacer, introdúcense na bolsa marsupial da nai, onde permanecen durante meses.3 Xeoloxía Masa de mineral ou fluído existente nunha cavidade do terreo. Unha bolsa de petróleo.4 Territorio ou grupo humano caracterizado por unha situación peculiar con relación aos que o arrodean. As bolsas de pobreza existentes nas grandes cidades continúan a ser un problema por resolver.5 Axuda económica que recibe unha persoa para estudar ou investigar. Espera que lle concedan unha bolsa para continuar co seu proxecto de investigación. SINÓNIMO bolsa de estudos6 popular Membrana que forma a capa interna dun saco cerrado que envolve o embrión dos mamíferos, aves e réptiles. Xa rompera a bolsa e empezara coa dilatación. SINÓNIMOS amnio, bolsa das augas FRASES E EXPRESIÓNS CON bolsa Baleirar a bolsa Deixar sen cartos. Xuntouse cuns compañeiros que lle tolearon a cabeza e lle baleiraron a bolsa. Bolsa de estudos Bolsa (acepción 5). Puido facer a carreira grazas a unha bolsa de estudos. Bolsa de pastor Botánica (Capsella bursa-pastoris) Planta da familia das crucíferas, de flores brancas e froitos con forma de zurrón, empregada como remedio hemostático. Preparou unha infusión de bolsa de pastor, adozada con mel. SINÓNIMO herba dos dentes Bolsa das augas Bolsa (acepción 6). A comadroa tívolle que romper a bolsa das augas. Bolsa marsupialMarsupio A femia do coala ten a bolsa marsupial aberta cara a abaixo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!