bomba
Audio 1

bomba2 substantivo feminino Máquina que serve para trasfegar, extraer, elevar etc., fluídos, ben por aspiración, ben por compresión. Achicaron a auga do barco cunha bomba. Na extracción de petróleo utilízanse potentes bombas.

bomba
Audio 1

bomba1 substantivo feminino1 Proxectil cargado de material explosivo e provisto dun mecanismo que o fai estoupar. As bombas lanzadas desde os avións causaron graves danos entre a poboación.2 Artificio de pólvora. Nas últimas festas botaron moitas bombas. SINÓNIMOS fogo, foguete3 figurado Noticia explosiva, e o acontecemento que a provoca. Isto vai ser unha bomba. FRASES E EXPRESIÓNS CON bomba Bomba atómica Bomba con gran poder explosivo debido a liberación repentina de enerxía debido á fisión de elementos químicos como o uranio ou plutonio. A bomba atómica arrasou Hiroshima e Nagasaki. SINÓNIMO bomba nuclear Bomba de cobalto Medicina Xerador que emite radiacións, utilizadas con fins terapéuticos no tratamento de tumores cancerosos. A bomba de cobalto foise perfeccionando co tempo. Bomba de reloxaría Bomba provista dun dispositivo que a fai estourar nun momento determinado. Desactivaron unha bomba de reloxaría. Bomba fétida Pequeno explosivo de broma, que ao estourar cheira moito. No Entroido andaban a tirar bombas fétidas. Bomba nuclear Bomba atómica. Reuníronse para condenar os ensaios con bombas nucleares. Bomba volcánica Masa de lava proxectada por un volcán, que por efecto do movemento de rotación adquire unha forma arredondada que conserva ao solidificarse. As bombas volcánicas solidifícanse ao arrefriarse conformando unha peculiar paisaxe.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!