borra
Audio 1

borra1 Para todas as acepcións SINÓNIMO borro substantivo feminino1 Depósito de materiais sólidos que se forma no fondo dos recipientes que conteñen certos líquidos. OBSERVACIÓNS: Tamén se usa en plural O viño do bocoi cando se está acabando sae con borra. SINÓNIMOS feces, fondón, madre, pouso, sarrio, tártaro2 CONFRÓNTESE charrizo2 Substancia negra que desprende o fume e que se adhire aos obxectos e ás paredes. As tixolas deseguida se enchen de borra. SINÓNIMOS charrizo, cisco, feluxe, parruma, sarrio3 Substancia de cor escura que producen e segregan certos moluscos da clase dos cefalópodos para turbar a auga cando se atopan ante algún perigo. Cociñamos os chocos coa borra. SINÓNIMO tinta4 Conxunto de residuos que resultan da realización de certos procesos ou da fabricación de certos produtos. A borra da forxa é unha mestura de carbón e ferro. CONFRÓNTESE escoura As borras do liño. CONFRÓNTESE tasco Peneiraban a borra da cociña para levala para a horta. SINÓNIMO cinsa Hai quen aproveita as borras do café para botárllelas ás plantas. Borra é a cera que queda nos pés do candeeiro.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!