botar
Conxugar
Audio 1

botar1 /verbos/botar.html verbo transitivo1 Facer chegar [unha cousa] a un sitio mediante un impulso. Bótame as chaves pola ventá. Botar o risón. CONFRONTAR lanzar2 Facer caer [algo] nun lugar determinado. Hai que botar a roupa no cesto.3 Deixar saír ou facer saír fóra de si [algo]. O dragón botaba lume pola boca. SINÓNIMOS expeler, expulsar O tubo de escape comezou a botar un fume negro. Esta estufa bota moita calor. SINÓNIMOS despedir, desprender Tamén absoluto Este caldeiro bota. CONFRONTAR deitar, perder4 Producir unha persoa, un animal ou un vexetal [unha parte nova que complete o seu organismo ou o seu desenvolvemento]. Botar follas unha árbore. O neno xa botou os dentes.5 Mover ou inclinar [o corpo ou un membro] en determinada dirección. Bota a cabeza para o lado.6 Pór [unha cousa] sobre ou en contacto con outra. Botoulle un remendo ao pantalón.7 Obrigar a marchar dun lugar. Botárono da clase por armar escándalo. SINÓNIMOS chimpar, expulsar Dixo que os querían botar do piso.8 Obrigar a abandonar un traballo ou unha ocupación. Vano botar da empresa. SINÓNIMOS chimpar, despedir9 Facer que escape ou marche [un animal] asustándoo. Bota ese gato de aí. SINÓNIMOS escorrentar, tornar10 Realizar ou levar a cabo [aquilo que indican certas palabras]. Botar a sesta. Botar unha ollada. Botar unha firma.11 Ofrecer ao público. Que película botan? Hoxe botan un programa de animais na televisión. SINÓNIMO dar12 Facer varias partes de [unha cousa ou un conxunto de cousas] e dalas a diferentes persoas. Botar a comida. SINÓNIMO repartir Botar cartas. SINÓNIMOS dar, repartir13 Calcular ou supoñer [unha cantidade]. Cantos anos lle botas? Bótalle o que me custaron os libros.14 Empregar ou investir [certo tempo] en algo. Botei tres horas intentando amañar o coche.15 Estar [durante certo tempo] nun lugar. Botou cinco días na cidade.16 Expresar [algo] en voz alta. Botar un discurso. Botar blasfemias.17 Provocar [un animal] para que ataque. Botoulle os cans.18 Enterrar [unha planta nova ou semente] para que prenda e medre. Están na leira botando o millo. SINÓNIMO sementar19 Facer entrar na auga [un navío] despois de construído ou reparado. Botaron o barco na rampla principal do estaleiro.20 Facer que [un animal macho] cubra a femia. Botáronlle o carneiro á ovella. verbo pronominal21 Precipitarse ou lanzarse bruscamente cara a algo ou alguén. Botouse á auga para salvar o rapaz. Botouse cara a min. FRASES E EXPRESIÓNS CON botar Botar a andar (algo) VÉXASE andar Botar a culpa VÉXASE culpa Botar + a + inf Indica o comezo da acción expresada polo infinitivo. En canto viu a seu pai, botou a correr. Botar a perder VÉXASE perder Botar as culpas VÉXASE culpa Botar en falla VÉXASE falla1 Botar en falta VÉXASE falta Botar pestes VÉXASE peste Botarse + a + inf Indica o comezo da acción expresada polo infinitivo. Botouse a rir. Botarse a perder VÉXASE perder Botarse atrás Retirar o que se dixo ou renunciar a unha actitude que se adoptara. Pénsao ben e logo non te botes atrás. SINÓNIMO volverse atrás Botar un sono VÉXASE sono Ser (alguén) botado Ser moi atrevido, mesmo chegando á imprudencia. É un rapaz moi botado. SINÓNIMO ser botado para diante Ser (alguén) botado para diante Ser (alguén) botado. Ás veces hai que paralo, pois é moi botado para diante.

botar
Conxugar
Audio 1

botar2 /verbos/botar.html verbo transitivo1 Facer que [algo] saia despedido despois de chocar contra un obstáculo. Os pequenos xogaban a botar a pelota contra a parede. verbo intransitivo2 [Corpo elástico] saír despedido despois de chocar contra un obstáculo. A pelota bota no chan.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!