cabo
Audio 1

cabo substantivo masculino1 Parte final. Non damos chegado ao cabo desta leira. SINÓNIMO extremo No cabo da sesión tomaremos un descanso. SINÓNIMO fin2 Parte saínte da costa, que penetra no mar. Ían navegando á altura do cabo de Fisterra.3 MarítimoCorda Lanzar un cabo.4 Conxunto de fíos metálicos grosos que se usan para soster ou tirar de grandes pesos. Ataron o cabo ao camión para tirar da pedra. SINÓNIMO cable5 Fío ou conxunto de fíos metálicos finos ou de arames, revestidos dunha materia plástica, que serven para conducir a electricidade e para os enlaces por telecomunicacións. Cambiaron os cabos da instalación eléctrica. SINÓNIMO cable6 Parte dun instrumento ou utensilio por onde se agarra coas mans. O cabo do fouciño. SINÓNIMO mango1 substantivo7 Individuo que no exército ten a categoría inmediatamente superior á de soldado. Están ás ordes da cabo. preposición8 Ao lado de. O prado está cabo o río. SINÓNIMO cabo de FRASES E EXPRESIÓNS CON cabo Á fin e ao cabo VÉXASE fin Ao cabo locución adverbial Á fin, despois de todo. Ao cabo, todos somos iguais. Ao cabo de locución preposicional Despois de certo tempo. Ao cabo dunha semana, volva por aquí. Ao fin e ao cabo VÉXASE fin Atar cabos figurado Relacionar diferentes datos, de maneira que iso permita chegar a aclarar ou descubrir [algo]. Atando cabos, descubriu quen era o asasino. Cabo coaxial VÉXASE coaxial Cabo de locución preposicional Xunto a. Está aí, cabo de nós e non o vemos. Cabo de casaPatrucio Morreu o cabo de casa. Cabo de conexión Informática Cabo provisto de conectores nos extremos que permite comunicar dous portos dun ou máis dispositivos. Este cabo de conexión non serve para a impresora. SINÓNIMO cable de conexión Dar caboRematar Damos cabo a esta xuntanza sen un acordo. De cabo a rabo locución adverbial familiar Por completo, de principio a fin. Por fin puiden ver esa película de cabo a rabo. Estar no cabo do conto Estar ao corrente de algo. Cando lle contei o que pasara, el xa estaba no cabo do conto. Levar a caboRealizar Non atopou apoio para levar a cabo o proxecto.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!