cabrita
Audio 1
Audio 2

cabrita substantivo feminino1 Mango que levaba no extremo inferior un tipo de serra que se utilizaba para dividir madeiros en táboas. A cabrita era unha peza desmontable.2 Pau en forma de gallo que se coloca na parte dianteira do carro, entre o chedeiro e a cabezalla. A cabrita fai que a carga non moleste a xugada. SINÓNIMOS acicarro, boeira, cadeixo, cambón, cambona, canga, cangalleira2, forcado, fungueira, galleiro1, gardabois, ranqueiro, rengueiro3 Cada unha das crucetas que unen as dúas chedas do carro. O fragueiro asegurou as cabritas.4 Cada un dos lizos do tear. As roldanas das cabritas.5 Cada un dos pés dereitos dunha ventá ou porta. As cabritas da boca do forno.6 Pel levantada da carne que rodea as uñas das mans. Cortou a cabrita cunha tesoiriña. SINÓNIMOS espigo, farpa, garfela, padrasto, repelo, respigo, respigón7 Herba que queda por cortar. A segadora deixou moitas cabritas. substantivo feminino plural8Murnas Ás vellas de antes saíanlles cabritas nas pernas.

cabrito, cabrita
Audio 1
Audio 2
Audio 3

cabrito (feminino: cabrita) substantivo Cría da cabra en canto é moi nova e aínda mama. Cabrito asado. SINÓNIMO chibo

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!