cadabullo
Audio 1

cadabullo Para todas as acepcións SINÓNIMO cadullo substantivo masculino1 Estrema dunha leira cando queda sen traballar. O arado non chegaba ao cadabullo porque non daba virado. SINÓNIMOS cabeceiro, coudullo2 Cada un dos sucos que se aran de través, por non chegar o arado ás estremas dunha leira. Nos cadabullos botaron maínzo. SINÓNIMOS cabeceiro, coudullo CONFRÓNTESE cabeceira, torna3 Terrón moi duro que levanta o arado. Pasáronlle a grade a leira para desfacer os cadabullos. SINÓNIMOS cadolo, carolo, cotellón, cotillón2, coucillón, coudullo4 Porción sólida e compacta que se forma ao callar ou abolarse unha substancia. Remexe ben a masa para que non se fagan cadabullos. SINÓNIMOS bolboroto, bolo1, boloco, borboroto, frade, gargalloto, gorolo1, grolo1, grumo1, paparote, torolo E botando un cadabullo de sangue pola boca caeu malferido por un raio. SINÓNIMOS callada, callón1, coágulo, grumo1, trallada

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!