callar
Conxugar
Audio 1

callar /verbos/callar.html verbo transitivo1 Facer que se transforme nunha masa ou corpo denso [unha substancia líquida, xelatinosa ou pastosa]. Hai que callar o leite para facer queixo. SINÓNIMO coagular ANTÓNIMO descallar verbo intransitivo2 [Substancia líquida, xelatinosa ou pastosa] transformarse nunha masa ou corpo denso. O leite para que calle debe estar morno. CONFRÓNTESE prender Callou o sangue da ferida.3 [Neve] formar unha capa sobre o chan. Nevou moi pouco e aínda non callou.4 figurado Chegar a realizarse ou pórse en práctica. Os nosos proxectos non chegaron a callar.5 figurado [Algo que implica novidade] ser aceptado. As ideas do presidente non callaron entre os accionistas.6(callar en) figurado Dar lugar a, dar como resultado, converterse en. As artes da construción callaron en Galicia no estilo románico, que perdurou por enriba do gótico.7 Cadrar, coincidir, ser oportuno ou corresponderse co esperado. Maruxa, se é que che calla de ires a Santiago, pasa pola Catedral. verbo pronominal8 [Substancia líquida, xelatinosa ou pastosa] transformarse nunha masa ou corpo denso. O prebe do guiso callouse ao arrefriar. SINÓNIMO coagularse, ANTÓNIMO descallar9 figurado [Algo que ten un fluxo ou duración] quedar interrompido ou inmóbil, coma se quedase conxelado nun punto do seu decorrer. Sentiu que se callara o seu alento. A derradeira palabra callouse nos beizos da miña nai. FRASES E EXPRESIÓNS CON callar Se callar locución adverbial Se cadra. Se callar, pasaremos o día fóra da casa.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


    Cal é a palabra?:

    Escolle unha opción:



    Política de Privacidade

    En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

    Demostra que es humano!

    [recaptcha]