cambio
Audio 1

cambio substantivo masculino1 Acto de cambiar ou cambiarse. Non aceptou o cambio da bicicleta pola moto. Cambio de divisa. Cambio de opinión. SINÓNIMO troco CONFRÓNTESE mudanza2 Cantidade de diñeiro en moedas ou billetes cun valor equivalente a outra cantidade. Tes cambio de vinte pesos? SINÓNIMO troco3 Diñeiro que sobra ao pagar e que se devolve. Queda co cambio. SINÓNIMOS troco, volta4 Moeda fraccionaria. Levo a carteira chea de cambio. CONFRÓNTESE chatarra5 Economía Prezo de cotización dos valores nos mercados bolsistas. Na última sesión, subiu o cambio das accións da empresa.6 Economía Prezo ao que se pode intercambiar a moeda dun país pola doutro. No banco estaba exposto o cambio oficial.7 Mecánica Dispositivo que permite axustar, mediante un sistema de transmisión, a relación entre a velocidade de rotación do motor dun automóbil e a velocidade de rotación das rodas. Estragou o cambio do coche por non utilizar ben o embrague. SINÓNIMOS cambio de marchas, cambio de velocidades8 Dispositivo que permite facer pasar a cadea dunha bicicleta dun piñón a outro. As bicicletas modernas teñen un cambio moi cómodo situado no guiador. FRASES E EXPRESIÓNS CON cambio A cambio locución adverbial Para compensar, en pago. Deulle un libro a cambio. SINÓNIMOS a troco, en troco Cambio de marchas Dispositivo que permite axustar, mediante un sistema de transmisión, a relación entre a velocidade de rotación do motor dun automóbil e a velocidade de rotación das rodas. O novo modelo incorpora un cambio de marchas máis avanzado. SINÓNIMOS cambio, cambio de velocidades Cambio de velocidades Dispositivo que permite axustar, mediante un sistema de transmisión, a relación entre a velocidade de rotación do motor dun automóbil e a velocidade de rotación das rodas. O embrague conecta o motor co cambio de velocidades. SINÓNIMOS cambio, cambio de marchas En cambio locución adverbial Con todo, polo contrario. Eu, en cambio, non son optimista. Letra de cambio VÉXASE letra Tipo de cambio VÉXASE tipo

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!