cambota
Audio 1
Audio 2

cambota substantivo feminino1 Peza inferior da cheminea, de forma máis ou menos semellante á dunha campá, situada sobre o fogar ou os fogóns da cociña para recoller o fume, o cheiro e os gases producidos pola combustión. A cociña do pazo ten unha cambota de cantaría.2 Bordo inferior desta peza, que sobresae e é utilizado como andel. Antigamente os candís pendurábanse da cambota.

cambote, cambota
Audio 1
Audio 2
Audio 3

cambote (feminino: cambota) substantivo1 Segador montañés da terra de Camba. Para a época da sega xa estaban os cambotes na parroquia.2 Marchante que transportaba o viño en cabalarías. A primeiros de mes viña un cambote pola aldea.3 Persoa que traballa ao xornal e anda dun lugar para outro. Viñan os cambotes cavar o monte. Sempre lle gustou a vida de cambote. CONFRÓNTESE braceiro, xornaleiro

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!