camiño
Audio 1

camiño substantivo masculino1 Espazo trazado e disposto para poder ir dun lugar a outro. Un camiño estreito. Un camiño de carros. Estaba sentado á beira do camiño. CONFRÓNTESE carreira, carreiro1, corredoira, sendeiro, verea, vieiro2 Lugar ou lugares polos que se pasa ao ir dun punto a outro. Atopeino no camiño, cando me dirixía ao traballo. Esa vila quédanos no camiño. CONFRÓNTESE ruta, traxecto3 figurado Medio ou maneira de facer unha cousa para conseguir ou obter algo. Este é o mellor camiño de investigación. SINÓNIMO vía4 figurado Modo de vivir. Errou ao escoller o camiño da delincuencia. SINÓNIMO ruta5 Informática Itinerario que debe seguir un sinal ou dato para desprazarse a outro punto da rede. Para trazar este camiño tiven que pasar por unha chea de nós e redes en todo o mundo. FRASES E EXPRESIÓNS CON camiño Abrir camiño Progresar na vida, ir a mellor. Montou un negocio e abriu camiño. SINÓNIMO abrirse camiño Abrirse camiño Abrir camiño. Resultoulle difícil abrirse camiño na súa profesión. Camiño de En dirección a. Pasaron camiño da ermida. Vou camiño da vila. Camiño de cabras Camiño estreito e dificultoso. Subíase ata a aldea por un camiño de cabras. Camiño de Santiago Parte da Vía Láctea que se percibe desde a Terra a simple vista. A noite estaba clara e víanse as estrelas do Camiño de Santiago. Camiño veciñal Aquel polo que teñen dereito de paso todos os veciños. As leiras estaban separadas por un camiño veciñal. De camiño locución adverbial 1Axiña Iso fágoo eu de camiño. 2 Ao mesmo tempo, xa que coincide. De camiño que vas á tenda, tráeme o que che dixen. SINÓNIMO de paso Estar en camiño Non tardar, estar a piques de chegar. As melloras xa están en camiño. Levar camiño de Ter trazas de, estar en vías de. Isto leva camiño de ir a peor.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!