campo
Audio 1

campo substantivo masculino1 Superficie extensa de terra máis ou menos plana, onde non hai vivendas e que en xeral se pode dedicar ao cultivo. Este barrio da cidade antes era campo. Pasaron un día percorrendo o campo, lonxe dos ruídos da cidade.2 Terreo que non se dedica ao cultivo, onde nace herba. Acamparon nun campo á beira do río.3 Lugar situado xeralmente no centro dunha poboación, onde se celebran reunións, festas, feiras etc. A xuntanza de veciños terá lugar ás cinco no campo.4 Conxunto de cousas e actividades relacionadas co cultivo da terra. A vida do campo. As medidas do Goberno non favorecen o campo. SINÓNIMO agro5 Medio rural, conxunto de poboacións dedicadas á agricultura. O campo e a cidade.6 Terreo delimitado e disposto para desenvolver nel certa actividade. Campo de tiro. Campo de fútbol.7 Metade do terreo que lle corresponde a cada equipo en certos deportes. Repregáronse no seu campo e renunciaron ao ataque.8 Terreo no que se levan a cabo operacións de guerra. O avión caeu en campo inimigo.9 Zona do espazo na que se exerce unha acción física. Campo de gravidade. Campo eléctrico.10 Conxunto de todo o que pertence a unha actividade, arte ou ciencia. O campo da medicina. SINÓNIMOS ámbito, área, dominio, eido, terreo11 Fondo liso ou dunha soa cor sobre o que se pintan ou representan figuras, particularmente nun escudo. Comezaron por restaurar parte do campo do escudo.12 Parte do espazo visible a través dun aparello. Campo visual.13 Informática Cada unha das áreas dunha base de datos que recolle un tipo de información. Creou unha base de datos con dez campos. FRASES E EXPRESIÓNS CON campo A campo locución adverbial Sen labrar. Deixaron a metade das terras a campo. CONFRÓNTESE a bravo, a monte Campo de batalla Lugar no que se enfrontan dous exércitos. Demostrou o seu valor no campo de batalla. Campo de concentración Recinto onde se teñen recluídas certas persoas, especialmente as consideradas perigosas para o réxime político do país de que se trate. Visitaron un campo de concentración nazi. Campo de refuxiados Lugar disposto para acoller refuxiados. Enviaron alimentos e medicinas para os campos de refuxiados. Campo escalar Matemáticas Campo en que a magnitude característica é escalar. Para representar a temperatura ou a presión, pódense utilizar campos escalares. Campo magnético Física Atracción producida por un corpo magnético. Os compases magnéticos oriéntanse segundo o campo magnético terrestre. Campo semántico Lingüística Conxunto de unidade léxicas que teñen algún sema en común. Traballaranos co campo semántico dos asentos. Campo tensorial Matemáticas Campo en que cada punto se asocia a un tensor. Un campo electromagnético é un campo tensorial. Campo vectorial Matemáticas Campo en que a magnitude característica é vectorial. A velocidade e a dirección dun fluído pódense representar utilizando un campo vectorial. De campo locución adxectiva [Investigación, traballo] que se realiza no terreo do obxecto estudado. Antes da redacción do texto realizaron un laborioso traballo de campo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!