cana
Audio 1

cana1 substantivo feminino1 (Arundo donax) Planta da familia das gramíneas, de entre tres e seis metros de altura, talo oco e flexible, follas anchas e ásperas e flores en panícula terminal de ata setenta centímetros de altura. Onte cortamos as canas que había na eira. SINÓNIMOS canaveira, canavela, canivela2 Talo de moitas gramíneas, cilíndrico, oco e con nós. A cana do millo aprovéitana para dárllela no inverno ás vacas. Despois de segar, botan os animais a pacer nas canas. SINÓNIMOS canaveira, canavela, canivela3 Parte da bota, media ou calcetín que cobre o tornecelo ou parte da perna. Botas de media cana.4 Obxecto, oco e cilíndrico, de forma semellante ao talo das gramíneas. A fonte deita a auga por unha cana feita coa casca dun piñeiro. SINÓNIMOS canaveira, canavela, canivela5 Instrumento para pescar, feito orixinariamente co talo dunha cana. Colleu a cana e o cesto e marchou para o río. SINÓNIMO cana de pescar6 Parte interior e mol dos ósos ou dunha árbore. Os ósos da perna dos becerros son moi apreciados pola cana para facer caldos. SINÓNIMO cana dos ósos Sacabámoslle a cana a un pau de bieiteiro e faciamos con el un tiratacos.7 Póla dunha árbore, en particular se é delgada. Anda apañando unhas canas.8 Vara dos foguetes. Despois de botar os foguetes, os nenos ían buscar as canas. SINÓNIMOS canaveira, canavela, canivela9 Ferramenta do oleiro para modelar e alisar, de distinta forma e tamaño segundo a peza que se estea a traballar. Deulle o último repaso ao porrón coa cana. SINÓNIMO canaveira10 Arquitectura Fuste da columna. As columnas coa cana de madeira traballada dábanlle un aspecto señorial.11 Marítimo Parte da áncora comprendida entre a cruz e o arganeo. Estaban reparando a cana da áncora.12 Marítimo Parte do remo delgada, longa e arredondada. O remo partiu pola cana.13 Marítimo Panca de madeira ou de ferro con que se fai xirar o temón. Suxeitou con forza a cana.14 Doce de forma cilíndrica e alongada. Fixo unhas canas de follado reenchidas de crema. FRASES E EXPRESIÓNS CON cana Cana de azucre (Saccharum officinarum) Planta herbácea da familia das gramíneas, de talo erecto de dous a catro metros de altura, coa medula esponxosa e rica en azucre, follas anchas, ríxidas e moi longas, inflorescencia en panícula de cor purpúrea, que se cultiva nos países tropicais e subtropicais para a obtención do azucre. En Cuba visitamos plantacións de cana de azucre. Cana de pescar Instrumento para pescar, feito orixinariamente co talo dunha cana. Rompeulle a cana de pescar cando foi ás troitas. SINÓNIMO cana1 Cana dos ósos Parte interior e mol dos ósos. Ao partir a pata das vacas véselle a cana dos ósos. SINÓNIMO cana1 Óso de cana VÉXASE óso

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!