capitán, capitá
Audio 1

capitán (feminino: capitá) substantivo1 Oficial do exército que manda nunha compañía de infantaría, un escuadrón de cabalaría ou unha batería. Ás ordes da capitá.2 Oficial da mariña mercante que manda un buque. En caso de naufraxio, o capitán é o último en abandonar o barco.3 Xefe dun equipo deportivo. A capitá xogaba co número once. FRASES E EXPRESIÓNS CON capitán Capitán-á de corveta Oficial da armada de grao equivalente ao comandante do exército. Ascendérona a capitá de corveta. Capitán-á de fragata Oficial da armada de grao equivalente ao tenente coronel do exército. O uniforme de capitán de fragata ten tres galóns dourados nas mangas. Capitán-á de navío Oficial da armada de grao equivalente ao coronel do exército. O uniforme de capitán de navío leva catro galóns dourados nas mangas. Capitán-á xeneral Xefe supremo do exército. O Xefe do Estado é o capitán xeneral.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!