cardo

cardo1 substantivo masculino1 Planta herbácea silvestre con follas e inflorescencias espiñentas da cal existen varias especies. Unha braña chea de cardos. Algúns cardos chegan aos dous metros de altura. FRASES E EXPRESIÓNS CON cardo Cardo bravo (Dipsacus sylvestris) Planta herbácea da familia das dipsacáceas, de talo erecto, acanalado e espiñento, follas denticuladas opostas e flores violáceas dentro de capítulos semellantes a ourizos. Espiñeime cun cardo bravo. Cardo cabreiro (Carthamus lanatus) Planta da familia das compostas, de caules vilosos, follas ovais ou lanceoladas e flores amarelas. Gústame o ton amarelo das flores do cardo cabreiro. Cardo cuco (Carlina corymbosa) Planta herbácea da familia das compostas, de talo tomentoso, follas lobuladas espiñentas e flores amarelas en corimbos. No campón medraron cardos cucos. Cardo da ribeira (Eryngium maritimum) Planta herbácea da familia das umbelíferas, de talo ríxido, follas dentadas espiñentas e flores azuladas rodeadas de brácteas con espiñas. Nas dunas había cardos da ribeira. Cardo leiteiro (Silybum marianum) Planta herbácea da familia das compostas que pode chegar a máis dun metro e medio de altura, follas basais lobuladas e espiñentas e flores púrpuras en capítulos solitarios. Na beira do camiño vimos cardos leiteiros. Cardo molar (Sonchus asper) Planta herbácea da familia das compostas, de caules fistulosos e capítulos amarelos tirando a dourados. Os cardos molares medran ás beiras das estradas. Cardo santo (Cnicus benedictus) Planta herbácea da familia das compostas, de talo e follas pubescentes e flores amarelas solitarias. O cardo santo utilizouse como medicinal.

cardo

cardo2 substantivo masculino Antigüidade clásica Vía que atravesaba as cidades e campamentos romanos en dirección norte-sur. Gran parte dos templos romanos estaban situados preto do punto no que o cardo se cruzaba co decumano.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!